Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Gravación en Barcelona (1975)


INFORMACIÓN
Gravación en Barcelona

Recollemos neste apartado unha gravación clandestina que realizou Suso Vaamonde na casa dos seus amigos Josep Garcia i Riera e Rosalía, en Barcelona, en marzo do ano 1975. Como explica o propio Garcia i Riera: "No ano 75 Suso estivo en Barcelona e un día de abril, na miña casa, pediu que collese o aparato de casete e deixounos gravadas estas cancións, so cunha guitarra e eu sosténdolle o micro da casete diante da boca".

O son foi dixitalizado e cedido desinteresadamente polo propio Josep Garcia i Riera para ser difundido nesta páxina web.


CANCIÓNS

Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.

TítuloLetrista
01 Mira MaruxiñaPopular
02 Monólogo do desertorCelso Emilio Ferreiro
03 EspranzaCelso Emilio Ferreiro
04 SpiritualCelso Emilio Ferreiro
05 LimiarCelso Emilio Ferreiro
06 ViaxeiroCelso Emilio Ferreiro
07 NinguénXosé Lois Méndez Ferrín
08 A RosalíaManuel Curros Enríquez
09 O demoAntonio Noriega Varela
10 Camiño longoRamón Cabanillas
11 Non o seiManuel Leiras Pulpeiro
12 Co pan de cada díaManuel Álvarez Torneiro
13 María SoliñaCelso Emilio Ferreiro
14 RequiemCelso Emilio Ferreiro
15 Derradeira vontade de Fuco BuxánCelso Emilio Ferreiro
16 O afiadorA. Roldán
17 Eu comprendo que xure o labregoManuel Rodríguez López