A Virxen lava
INFORMACIÓN
| Título: | A Virxen lava |
| Disco: | É nadal (1994) |
| Letra: | Dora Vázquez |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A Virxen lava que lava,
a Virxen lavando está.
Escumiñas volandeiras
cánlle polo delantal.
Rosiñas e silvas,
romeiros en fror.
¡Que son os paniños
do Noso Señor!
A Virxen, lavando, canta.
Canta mainiño ao lavar
os paniños do seu Neno
pra poñelos a enxugar.
Paxariños lle fan rolda
rechouchíos a cantar,
mira que mira, mirando
rosas nascer e voar.
Rosiñas e silvas,
romeiros en fror.
¡Que son os paniños
do Noso Señor!
A Virxen lava que lava,
a Virxen lavando está.
Rosas lle fuxen das mans.
¡Xesús llas fará voar!

Para facer unha nova busca, preme aquí.