Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Anduriñas veñen


INFORMACIÓN

Título:Anduriñas veñen
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra:Dora Vázquez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Anduriñas veñen,
anduriñas van...
Fan os seus niñiños,
logo criarán.

Paxariños novos
pronto voarán
co seu chio chio
co seu chio cha...

¡Déixate meu neno
déixate arrolar,
que as anduriñas
logo chegarán!

Faranche a... rru... rru...
faranche a... a... a...
¡Cancións polo vento
elas cantarán!

Anduriñas veñen,
anduriñas van...
¡Deixate meu neno!
¡Deixate arrolar!

Para facer unha nova busca, preme aquí.