Carballeira de San Xusto
INFORMACIÓN
| Título: | Carballeira de San Xusto |
| Disco: | As palabras dos galegos (1998) |
| Letra: | Xosé Fraga |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Carballeira de San Xusto
¡canto nos custa quererte!
pro xa ves con canto gusto
loitamos por defenderte.
Que o único dono
ten de se-lo pobo.
Que te rouben non deixamos
para dempois negociarte
pra ti non queremos amos
nin de todo, nin de parte.
Que o único dono
ten de se-lo pobo.
Carballeira de enramada
cal Lixó que está espida
chegarás ti a non ser nada
pola igrexa consumida.
Que o único dono
ten de se-lo pobo.
Pra gardarte carballeira
de San Xusto a ben loubada
busca que busca buscando
xa topei miña navalla.
Que o único dono
ten de se-lo pobo.
Mais pregámoslle os santiños
que nos libren de empregala
poñerse a querer canalla
e pensar que nos fai falla.

Para facer unha nova busca, preme aquí.