Compostela
INFORMACIÓN
Título: | Compostela |
Disco: | Santiago, mar de pedra (1997) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Santiago, mar de pedra
estremecida de vento.
Na canle moura da rúa
quedou varado o silencio.
A maina choiva miúda
mente, sobre o chan, espellos.
Santiago: mar de pedra,
froles i escumas de séculos.
con cen torres coma proas
ancoradas no meu peito,
i un río albeiro de estrelas
que ven correndo do ceo.
Santiago, mar de pedra
navigada polo tempo
Para facer unha nova busca, preme aquí.