Diante unha imaxe de Íñigo de Loyola
INFORMACIÓN
| Título: | Diante unha imaxe de Íñigo de Loyola |
| Disco: | Soltas (s. d.) |
| Letra: | Manuel Curros Enríquez |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A místeca alegría no sembrante,
no peito a ira, o sono na mirada,
ben te conezo, Euménide sagrada,
trenca virtú, católico bergante.
Treidora do Evanxelio á lei amante,
a Esposa dos Cantares, desleigada,
tivo tratos co demo e desta allada
naciches ti, ¡parásito trunfante!
Mais ¿que fas nese altar roubando preces,
xenio da intolerancia soberano,
ti que tan sólo maldiciós mereces?
¿Ti, que trocache a Cristo nun tirano,
ós saiós i ós verdugos en xueces,
i en fouce a Dios do pensamento humano?

Para facer unha nova busca, preme aquí.