Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Negareime


INFORMACIÓN

Título:Negareime
Disco:Limiar (1979)
Letra:Manuel Rodríguez López
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

¿Pra que vou a cantar do burgués
larpeiradas, enchentas e frores?
¿Como pode empolar o meu peito
unha cántiga ollando mil dores?
Mariñeiros que engulen os mares,
silicosos mineiros que morren,
picariños que están sen escola,
sen futuro, sen xeito e sen norte.
¿Con que liras pregades que eu cante
cando todas están desacordes?
Ergo os ollos o vexo manobras
a xantar, sen compango e sen postres
enzoufados no chan pra seguir
traballando sen folgo hastra a noite.
Nas mañás o arrabal formiguea
entramentras o rico aínda dorme
no taller un cronómetro fai
asañoso teimudos controles.
Tal becerros na feira do quince
en camiós i autobuses os homes
saen das fábricas, mentras os xefes
ruben fonchos nos rápidos coches.
Hai escravos que sirven ós ricos
dende a ialba fozando hastra a noite.
¿Como pode empolar o meu peito
unha cántiga ollando mil dores?
¡Que tristura o vivir dos obreiros!
¡Que de aldraxes esmagan ós probes!
Negareime a cantar e rezar
mentras haxa quen xure o quen chore.

Para facer unha nova busca, preme aquí.