Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O dedo na chaga


INFORMACIÓN

Título:O dedo na chaga
Disco:Concerto en Xenebra (1976)
Letra:Celso Emilio Ferreiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Estas palabras que digo
abróllanme dende o fondo
pois eu enxamais escondo
a canción que vai conmigo.

Cos meus cantares consigo
ser coma o vento lixeiro,
ninguén me marca o sendeiro,
ninguén me dicta a canción,
teño limpo o corazón
pra cantar ceibe e senlleiro.

Meu canto rudo e sinceiro
co badoco non se avén.
Desprezo a todo o que ten
alma servil de logreiro
sen outro Deus que o diñeiro.

Meu canto a ninguén falaga,
ninguén por cantar me paga,
soio o povo, meu irmán,
aplaude o meu canto chan,
se poño o dedo na chaga.

Tamén aparece en:

Loitando
As palabras dos galegos

Para facer unha nova busca, preme aquí.