O junco
INFORMACIÓN
| Título: | O junco |
| Disco: | Cousas da lúa (1999) |
| Letra: | Roberto Blanco Torres |
| Música: | Suso Vaamonde / Código de Barras |
| Voz: | Código de Barras |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O junco estéril campea
na riveira da lagoa;
finca na lama as raíces,
n'unha mísera laboura.
Tírao para baijo a terra,
e il na terra se acomoda.
O seu leito mol é o fango;
se pode voar non voa.
Na febleza milenaria
d'un pulo que nunca estoupa,
foi caíndo na abyeución
que o gusto do limo adoita.
¡Aínda do junco sinxela,
que un fado vil condenouna!
Esmorecida na lama
¡se quere voar non voa!

Para facer unha nova busca, preme aquí.