O xenro
INFORMACIÓN
| Título: | O xenro |
| Disco: | Vai de roda en roda (1998) |
| Letra: | Popular |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Eu caseime na montana
cunha muller pelandrona,
nin se lava, nin se peina,
anda feita unha porcona.
Nin sabe lavar un plato,
nin coller unha vasoira.
E un día eu cabreado
varrín a casa con ela.
E collina por un brazo,
leveina onde a miña sogra,
eiquí ten a súa filla
que non sabe de cociña.
A miña filla traballa,
según dicen os veciños,
a súa filla traballa
de noite polos camiños.
Vaite de aí, malandrón,
borrachón e calivera.
Non decías tí así
cando dormías con ela.

Para facer unha nova busca, preme aquí.