Romaxe da historia natural
INFORMACIÓN
| Título: | Romaxe da historia natural |
| Disco: | Rapazas, rapaces e rapazadas (1998) |
| Letra: | Camilo José Cela |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Donicela, donicela,
vincallo do verde val.
Vésporas e zamezugas
e vagalumes do ar.
Urso xurdio e tolo volpe,
rousiñol do pampo uzal.
Xílgaro que paseniño
estouras no piñeiral.
Sura esgolada do vento,
zamburiña, prata rá.
Lombriga do teu sartego,
louro e lanzal lubicán.
Hedra da eirexa lourida,
naranxas do naranxal.
¡Ai, a miña zooloxía,
miña Historia Natural!

Para facer unha nova busca, preme aquí.