Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Tres bolboretas


INFORMACIÓN

Título:Tres bolboretas
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra:Xosé Neira Vilas
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Na volta do regueiro,
sobre unhas fentas,
revoan que da xenio
tres bolboretas.

Unha branca, unha azul
e outra amarela,
compañeiras e amigas
son todas elas.

Pois que esas cores deullas
a Natureza
é natural que vivan
sen diferencias.

Sen xenreiras nin penchas
e sen fachenda
comparten os peniscos
das verdes fentas.

Para facer unha nova busca, preme aquí.