Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Virxenciña da Franqueira


INFORMACIÓN

Título:Virxenciña da Franqueira
Disco:Cancións para ir de romaxe (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Imos todos á Franqueira,
imos xa pra festexar
aquela Virxe de pedra
que xa é tan popular.

Non hai festa como esta
nin con tanta tradición,
toda a xente canta e baila
o salir a procesión.

Os doentes que alí van
van con toda devoción
a ofrecerlle unha esmola
que lle dan de corazón.

Quen non cree nos milagres
porque nada lles pasou,
eu lles podo asegurar
foron moitos que curou.

Virxenciña da Franqueira,
Virxenciña adourada,
eu quixera a ti levarte
se non foras tan pesada.

Para facer unha nova busca, preme aquí.